martes, 18 de agosto de 2009

Volta ás Andadas!

O Ortoño de xuvenís volve ao traballo despois das vacacións de verán. O luns o Ortoño comezou cun suave quentamento físico para volver a familiarizarse co campo e con diversos exercicios de balón. O Ortoño aspira esta tempada a se converter nun dos equipos punteiros da liga, xa que ademais de conservar o equipo do ano pasado ( que foi a revelación a pesares de ser de primeiro ano ) fichou a xogadores de calidade contrastada para as posicións onde máis flaqueaba o equipo.
O próximo xoves o segundo entrenamiento... no que participarán varias das novas fichaxes. Animamos a todos os afeccionados a presenciar esta posta en escena do conxunto de San Xoán!

1 comentario: